O Concello de Lugo habilitará o servizo de comedor na escola Fingoi 2

LugoXa
Buide afirmou que o Concello de Lugo habilitará o servizo "no menor prazo de tempo posible unha vez se conclúa o trámite administrativo previo"
Centro-de-Educación-Infantil-Fingoi-2-lugo
9 May 2025

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou a escola Fingoi 2, onde explicou á directiva do centro e á ANPA o proceso que permitirá prestar o servizo de comedor no colexio.

Buide afirmou que o Concello de Lugo habilitará o servizo "no menor prazo de tempo posible unha vez se conclúa o trámite administrativo previo, traballo que ten que realizar a Xunta de Galicia para o cal contará coa máxima colaboración do Concello".

Iria Buide destacou que o servizo de Comedores Escolares contén condicións "superiores ás lexisladas polo Goberno do estado" e destacou o compromiso da concellería de Educación por "promover hábitos de vida saudables, cos comedores escolares dando comida de calidade e proximidade e con iniciativas como os Vieiros Escolares, que promoven a actividade física".

As familias poden desfrutar deste servizo nos distintos colexios por un prezo de 3.96 euros ao día usuarios fixos do servizo de comedor (que poderán solicitar días soltos da semana ou os 5 días), mentres que para os esporádicos é de 5,06 euros.

O servizo de madrugadoras e madrugadores conta cun prezo único de 1,98 euros ao día e permite a entrada nos centros en diferentes quendas a partir das 7:30 da mañá.

Pola súa parte, o Grupo Municipal Popular pediulle ao Concello de Lugo que "autorice a instalación dunha aula móbil no Fingoi II, paso imprescindible para activar o servizo de comedor escolar antes do comezo do próximo curso".

⚙ Configurar cookies
0.18494415283203