O Concello de Lugo impulsou a primeira xuntanza da Alianza Lugo pola Lingua

LugoXa
A edil de Promoción da Lingua afirmou que "é necesario tomar medidas reais e inmediatas que permitan reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua"
aposta-pola-lingua-galega-Lugo
30 Oct 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiron a primeira xuntanza da Alianza Lugo pola Lingua, impulsada desde o Concello de Lugo e que contou coa participación de preto de 70 colectivos, asociacións e lucenses relacionadas co mundo artístico.

A Tenencia de Alcaldía lanza esta iniciativa para, segundo explicou Maite Ferreiro, "comezar a traballar en reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua".

Segundo os últimos datos publicados, un de cada tres menores saben pouco o nada de galego e só o 7 % dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos falan galego sempre, "14 anos despois do decreto antigalego do PP, cunha xeración educada íntegramente nesta normativa, estamos vendo como as persoas máis novas están a perder a capacidade de utilizar a nosa lingua", afirmou Maite Ferreiro.

A edil de Promoción da Lingua afirmou que "é necesario tomar medidas reais e inmediatas que permitan reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua" e presentou ás asociacións e colectivos presentes "un decálogo de medidas básicas para promocionar o uso do galego e garantir que a nosa lingua non desapareza".

Ademais, Maite Ferreiro afirmou que "a Xunta ten que cambiar o seu modelo lingüístico e comezar a traballar en serio para evitar a desapación do galego, desde o Concello de Lugo damos un primeiro paso con estas 10 medidas básicas que permitirán aumentar a presenza da lingua nas nosas rúas".

Por iso, lanzouse desde o Concello de Lugo un decálogo de medidas para fomentar o uso do galego:

  • Utilizar o idioma Galego nas comunicacións orais e escritas sempre que sexa considerado.
  • Utilizar o idioma Galego na sinaléptica de locais e espazos utilizados se é posible.
  • Utilizar o idioma Galego na rotulación de vehículos e aparatos móbiles.
  • Utilizar o idioma Galego na publicidade de actos e eventos.
  • Utilizar o idioma Galego como lingua vehícular para comunicacións tanto internas como externas.
  • Adaptar as redes sociais e demáis medios telemáticos para o seu uso en idioma Galego.
  • Garantir de utilizar o galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei, das institucións e dos propios colectivos asinantes.
  • Introducir a oferta positiva de comunicarse en galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia lingüística.
  • Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega.
  • Consolidar o galego como lingua xeral de referencia na entidade representada.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18799591064453