O Concello de Lugo incorpora sete novas auxiliares administrativas a distintas áreas municipais

O Concello de Lugo conta desde este martes con sete novas auxiliares administrativas que tomaron posesión dos seus postos en diferentes áreas municipais. A alcaldesa, Elena Candia, deulles a benvida e felicitounas pola súa incorporación, ao tempo que destacou a importancia do persoal municipal para o funcionamento dos servizos públicos e a atención diaria á veciñanza.
Tres das incorporacións corresponden á cobertura de prazas vacantes de carácter interino na área de Participación Cidadá. Para iso, o Concello recorreu á lista de reserva vixente, elaborada como resultado do proceso selectivo para a categoría de auxiliares administrativos.
As outras catro incorporáronse como funcionarias de carreira e desenvolverán o seu traballo nas áreas de Arquivo, Licenzas, Arquitectura e Rexistro.
Candia trasladoulles os seus parabéns e desexoulles éxito nesta nova etapa profesional ao servizo do Concello de Lugo.