O Concello de Lugo realiza o sorteo para designar os membros das mesas electorais do 29 de novembro

LugoXa
O pleno extraordinario determinou as persoas titulares e suplentes, así como unha lista de reserva para cubrir posibles vacantes
Pleno-Extraordianrio-Mesas-Lugo
2 Nov 2026

O Concello de Lugo celebrou un pleno extraordinario no que se realizou o sorteo para designar as persoas que formarán parte das mesas electorais na convocatoria electoral do vindeiro 29 de novembro.

O procedemento permitiu determinar os membros titulares e suplentes de cada mesa, ademais de establecer unha lista de reserva para cubrir posibles vacantes no caso de que a Xunta Electoral acepte as escusas presentadas por algunha das persoas inicialmente seleccionadas.

As persoas designadas recibirán a correspondente notificación nos próximos días, na que se lles comunicará a súa elección e a mesa electoral da que deberán formar parte. Con este sorteo queda completado o procedemento de designación dos integrantes das mesas para a xornada electoral.

0.12914085388184