O Concello de Lugo renova a colaboración coa Protectora e a Asociación Michos

LugoXa
O Concello de Lugo renova a colaboración coa Protectora Portectora de Animais e Plantas e a Asociación Michos
Maya Portada
Maya Portada
28 nov 2022

O Concello de Lugo revalida coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas e a Asociación Michos os convenios de colaboración que manteñen en prol da acollida, atención e coidado dos animais abandonados e dos gatos rueiros asentados no municipio.

Unha cooperación que se enmarca ao abeiro do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Miguel Fernández, coa que o Excutivo local apoia, cada ano, o labor destas entidades con 200.000 € e 15.000 euros, respectivamente.

A rexedora, subliñou que “o obxectivo destas subvencións é dar soporte para que estas organizacións poidan mellorar, por unha banda, o coidado dos animais que acollen nas súas instalacións, incidindo en aspectos tan importantes como a manutención e o seu benestar e, pola outra, seguir velando por un maior control sanitario das colonias felinas existentes na cidade, con especial repercusión na esterilización dos exemplares e na aplicación dos tratamentos sanitarios oportunos, evitando ademais situacións de insalubridade”.

Lara Méndez cualificou de “moi valioso” o cometido que desenvolven tanto a Protectora como Michos, “ao que a Administración local quere contribuír incrementando a súa capacidade de actuación, sen esquecer tampouco outro eixe de actuación transcendental como é a concienciación cidadá. Polo que, dentro deste ámbito de cooperación, incluiremos tamén a realización e posta en marcha de campañas educativas e de sensibilización co propósito de que redunden no bo comportamento da veciñanza ao respecto dos abandonos”, concluíu a alcaldesa lucense.