O Concello de Mondoñedo manterá unha reunión coa asociación de empresarios
Representantes do Goberno de Mondoñedo materán unha reunión por videoconferencia co presidente da asociación de empresarios local, Ángel José Marful Castañal.
A través deste encontro telemático, dende a entidade local pretenden continuar avanzando no desenvolvemento do plan transversal anunciado o día 23 de marzo para axudar dende o Concello aos sectores máis afectados pola crise do Covid-19, converténdonse este, din, “na forma de traballar”.
Asemade, dende o Executivo mindoniense avanzan que aproveitarán a cita para explicar ao representante dos empresarios algunhas das propostas incluídas en dita iniciativa, así como para escoitar ao colectivo que representa Marful Castañal, pois aglutina a un número moi significativo de actividades económicas do municipio.
En total, a 71 asociaciados dos distintos sectores: comercial, agroalimentario, hostaleiro, mecánico e do automóbil, asesorías, perruquerías, farmacias, floristarías, construción, sanitarios, entre outros. Destes, 42 teñen pechada a súa actividade por mor do coronavirus.