O Concello de Monterroso adquire un tractor cortacéspede

LugoXa
O Goberno local do Concello de Monterroso vén de recepcionar nun taller da localidade un tractor cortacéspede que se suma á maquinaria da que dispón para as tarefas municipais.
tractor_monterroso
tractor_monterroso
17 Abr 2024

O Goberno local do Concello de Monterroso vén de recepcionar nun taller da localidade un tractor cortacéspede que se suma á maquinaria da que dispón para as tarefas municipais. En concreto, este novo vehículo, foi adquirido cunha axuda ao abeiro do Plan de Cooperación cos Concellos.

Vai ser empregado na mellora e acondicionamento de xardíns e espazos públicos, así como nas tarefas propias do campo de fútbol municipal. En canto as características técnicas, o tractor ten unha cilindrada de 656 centímetros cúbicos e unha bolsa con capacidade para 310 litros. Alcanza un peso de 278 quilos.

0.17211985588074