O Concello de Monterroso aproba a ampliación do cemiterio de Sambreixo

O Concello de Monterroso aprobou o decreto que permite a ampliación do cemiterio de Sambreixo, unha actuación largamente demandada polos veciños e veciñas e esperada durante case dúas décadas.
O cemiterio conta cunha capacidade de 92 nichos, construídos en cantería ou ladrillo revestido con lousas de granito. Dispoñible desde dúas entradas que dan á pista asfaltada, atópase a 400 metros da igrexa parroquial.
A regularización desta ampliación é froito dun proceso administrativo rigoroso no que se cumpriron todos os trámites legais esixidos, garantindo a seguridade xurídica, o respecto á normativa vixente e a atención ao interese xeral.
O equipo de Goberno quere destacar o traballo realizado, baseado na responsabilidade, na xestión seria e no estrito cumprimento da legalidade, para dar solución a unha necesidade real da parroquia que permanecía sen resposta durante moitos anos.
O alcalde, Eloy Pérez, sinalou que "con este decreto dáse un paso definitivo para atender unha demanda básica da cidadanía, demostrando que, con traballo constante, diálogo e rigor administrativo, é posible desbloquear situacións enquistadas durante anos".