O Concello de Monterroso incentiva a contratación do alumnado do obradoiro de emprego

LugoXa
A escola municipal de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición no que contan cun amplo abano de clases.
concello monterroso edificio 2023
15 sep 2023

Os concellos de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín, están a desenvolver o obradoiro dual de emprego Camiño de Santiago III, sendo o Concello de Monterroso o promotor e representante.

O BOP publica hoxe as bases reguladoras de selección para axudas a empresas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea
do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego Camiño de Santiago III.

Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen como finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas
participantes nos obradoiros duais de emprego.

O obradoiro dual de emprego iniciou a súa actividade o día 3 de outubro de 2022 e rematará o vindeiro 2 de outubro de 2023.

Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

0.19904279708862