O Concello de Monterroso pon en marcha unha campaña para enviar víveres aos afectados pola DINA de Valencia
O Concello de Monterroso pide a colaboración veciñal para axudar a Valencia, polo que organiza unha recollida solidaria de alimentos e artigos de limpeza persoal.
O Goberno local toma esta decisión tras as peticións de axuda da FVMP (Federació Valenciana de Municipis i Provincies) e dos alcaldes da provincia de Valencia.
Así, solicítase a doazón de produtos de primeira necesidade: auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal.
A recollida destes produtos comeza este luns, 4 de novembro, no Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso e desde o Goberno local agradecen a axuda que se poida prestar nuns "momentos especialmente duros, ao tempo que trasladamos o noso afecto e solidariedade con todos e todas os prexudicados", din.