O Concello de Ourol mellorará vías en prácticamente todas as parroquias
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol vén de adxudicar parte do Plan Único 2019 cun importe de 176.
6 Maio 2020
O Concello de Ourol vén de adxudicar parte do Plan Único 2019 cun importe de 176.000 euros á reparación de vías en diferentes parroquias.
Segundo o alcalde Jose Luis Pajón, "vanse facer melloras en todos as parroquias e comezarán sobre finais de maio".
Xa sacaran en marzo a licitación varias obras que ascendían a 230.000 euros, cartos que se destinaron ao arranxo de vías en case todas as parroquias.
Por outra banda, non cobrarán o recibo de lixo durante o estado de alarma aos hostaleiros do Concello.
Ademais seguen co reparto de máscaras e de material sanitario a todos os veciños, e do servizo de apoio a domicilio co fin de achegar medicamentos, produtos de primeira necesitade ou alimentación aos que o precisen.