O Concello de Ourol reparará vías en todas as parroquias co Plan Único do ano pasado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol sacará estes días a licitación as obras do Plan Único da Deputación Provincial do ano pasado que ascenden a 230.
4 Mar 2020

O Concello de Ourol sacará estes días a licitación as obras do Plan Único da Deputación Provincial do ano pasado que ascenden a 230.000 euros, cartos que están destinados ao arranxo de vías en case todas as parroquias. A intención é dar comezo as obras na primavera no mes de abril tocando centros poboacionais como os de Miñotos, Xerdiz, Merille, Xisto ou Bravos, entre outros.

Nesta obras utilizarán indistintamente aglomerado en quente e rego, dependendo da zona. As obras consistirán na reparación do firme e na limpeza de cunetas.

Estas obras tiveron un gran retraso debido a que o Concello tivo que esperar nove meses pola autorización de Augas de Galicia xa que un regato estaba ao carón dunha das estradas a arranxar.

 

0.19422578811646