O Concello de Outeiro de Rei homenaxea a Esperanza Trigo Díaz polos seus 45 anos de servizo

LugoXa | TerraChaXa
Como mostra de recoñecemento, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa e dun reloxo
homenaxe-esperanza-trigo-outeiro-de-rei
14 Nov 2026

O Concello de Outeiro de Rei celebrou un acto de recoñecemento a Esperanza Trigo Díaz con motivo dos seus 45 anos de traballo na administración municipal, agora que se xubila.

A homenaxe serviu para agradecer a súa traxectoria profesional, así como o compromiso e a dedicación amosados durante máis de catro décadas ao servizo do municipio. Como mostra de recoñecemento, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa e dun reloxo.

Ao acto asistiron compañeiros e compañeiras de traballo, ademais de varios representantes da Corporación Municipal, encabezados polo alcalde, José Pardo, que quixeron sumarse á celebración e acompañar a Esperanza Trigo nunha xornada especial.

0.1504020690918