O Concello de Pol coloca sinalizadores nos elementos patrimoniais

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol traballa está a mellorar a sinalización de diferentes elementos patrimoniais coa colocación de indicativos e paneis.
concello de pol
3 Mar 2021

O Concello de Pol traballa está a mellorar a sinalización de diferentes elementos patrimoniais coa colocación de indicativos e paneis informativos co obxectivo de poñer en valor o seu patrimonio relixioso e cultural.

O proxecto xa rematou e consistiu na instalación de preto de medio centenar de sinais para indicar a localización das igrexas do municipio, ademais doutros nove enclaves destacados.

Os indicadores recollen os datos máis reseñables destes elementos en galego, castelán e inglés, ademais de incluír un código QR que enlaza á web, para que así as persoas interadas poidan descubrir máis información sobre o Concello e os seus puntos de interese.

Catro dos indicadores están en Mosteiro, tanto na zona da área recreativa como en en contorna da carballeira e a praza do Concello. O resto repartíronse polas parroquias, en lugares como as igrexas de Valonga,Cirio e San Martiño de Lúa e a Santiña de Xerbolés. Xunto á igrexa de Suegos colocouse un panel conxunto con referencias á Capela dás Neves.

O proxecto contou cun investimento de preto de 50.000 euros, dos que o Concello aportou máis de 18.000 euros e o resto foi cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17536616325378