O Concello de Pol saca a licitación o SAF por un prazo de tres anos
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol sacou a licitación estes días a Contratación do Servizo de Axuda no Fogar, un contrato que ten un valor de 1,785.
16 Out 2020
O Concello de Pol sacou a licitación estes días a Contratación do Servizo de Axuda no Fogar, un contrato que ten un valor de 1,785.634 euros e unha duración de tres anos prorrogables a outros tres.
Nestes intres, o Concello mantén aberto o prazo de presentación de ofertas, que se prolongará ata o 4 de novembro e ten fixada como data de apertura de plicas o día 19 do mesmo mes.
Ademais do servizo habitual, o Concello valorará na oferta da empresa que se presente que se realice o acompañamento a consultas médicas, o servizo de podoloxía e o transporte de persoas dependentes de cara ao usuarios. Tamén puntuarase dispoñer de axudas técnicas para préstamo, limpezas de choque, unha xestión informática e horas de libre disposición.