Portomarín prepárase para celebrar as Festas na Honra ao Santo Cristo os días 7 e 8 de setembro

LugoXa
A Charanga Bicoia, a orquestra Stereo, o grupo Punto Clave, a Charanga de Paradela e o Grupo Tatoo porán a música as festas
Concello Portomarin
27 Aug 2025

O Concello de Portomarín celebra as súas festas na honra a Santo Cristo os vindeiros días 7 e 8 de setembro cunha ampla e variada programación.

A festa comezará o día 7 ás 13.00 horas cunha misa solemne cco acompañamento da Coral Sarricanta de Sarria e posterior procesión. Logo, ás 14.00 horas terá lugar a sesión vermú coa Charanga Bicoia, que volverá actuar ás 19.00 horas.  O día rematará coa verbena a partir das 23.30 horas coa orquestra Stereo e o grupo Punto Clave.

Pola súa parte, o día 8 tamén comezará cunha misa solemne ás 13.00 horas co acompañamento da Coral de Portomarín seguida de procesión. Durante a sesión vermú, será a Charanga de Paradela a encargada de poñer a música, sendo protagonista tamén ás 19.00 horas. Finalmente, as festas rematarán coa verbena a partir das 23.30 horas co Grupo Tatoo.

⚙ Configurar cookies
0.073471069335938