O Concello de Portomarín pon en marcha unha nova edición do Campamento de Semana Santa

O Concello de Portomarín pon en marcha unha nova edición do Campamento de Semana Santa, unha proposta pensada para que os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poidan gozar destas datas rodeados de amizades, xogos e aprendizaxes divertidas.
O campamento desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, cun completo programa de obradoiros, xogos e actividades lúdicas que converterán cada xornada nunha auténtica aventura.
O horario incluirá un servizo de madrugadores de 08:30 a 10:00 horas, seguido das actividades principais entre as 10.00 e as 15.00 horas. A entrega e recollida da rapazada realizarase no Espazo Xuvenil.
Este ano, o Concello anuncia importantes novidades: amplíase unha hora máis de actividades e ofértanse 10 prazas adicionais, ata un total de 30 prazas, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.
As inscricións estarán abertas ata o 1 de abril, polo que se recomenda ás familias interesadas realizar a reserva canto antes para asegurar praza neste campamento que cada ano gaña máis éxito entre a veciñanza.