O Concello de Ribadeo creará a rede de Establecementos amigables co peregrino

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello creará a rede de Establecementos amigables co peregrino, que estarán incluídos no catálogo Ribadeo prepara o teu camiño.
aaa
13 Out 2020

O Concello creará a rede de Establecementos amigables co peregrino, que estarán incluídos no catálogo Ribadeo prepara o teu camiño. O obxectivo pasa por implicar e mobilizar ao tecido comercial e de servizos da vila para desenvolver produtos específicos para as persoas que realizan a ruta a Compostela. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “aproveitando o importante papel deste municipio como porta de entrada en Galicia do Camiño de Santiago na súa variante do Norte, o Concello leva tempo traballando en reforzar a imaxe de Ribadeo como punto de referencia dentro do itinerario xacobeo especialmente de cara ao próximo ano”.

O Camiño Norte é a terceira ruta de peregrinación a Santiago máis empregada acadando preto dos 20.000 peregrinos o pasado ano. Ribadeo conta cunha situación privilexiada, xa que a media diaria de peregrinos durante os meses estivais nese mesmo ano roldou os 130.

O concelleiro de Turismo explicou que “o Concello pretende desenvolver dentro do proxecto municipal denominado Ribadeo alén do Camiño a creación dunha experiencia ligada ao Camiño, que procura implicar e mobilizar ao tecido comercial e de servizos da nosa vila, coa finalidade de desenvolver produtos e servizos específicos para o peregrino e o Camiño de Santiago. Os negocios colaboradores recibirán o selo de Establecemento amigable co peregrino, que lles dará acceso a unha serie de vantaxes entre as que destaca a promoción e comercialización do produto/servizo que ofertan mediante a súa inclusión no catálogo denominado Ribadeo prepara o teu camiño. Este catálogo será interactivo e accesible a través da web que se habilitará para o mesmo, e proporcionará información ao usuario referente ao establecemento (localización, características, servizos que se ofrecen, contacto, etc) e unha descrición do servizo/produto especialmente deseñado para o peregrino”

0.20684194564819