O Concello de Ribadeo permitirá ampliar o espazo das terrazas de xeito temporal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello permitirá ampliar o espazo das terrazas, de maneira temporal, para compensar a perda de aforo que poden sufrir os locais hostaleiros.
20 May 2020

O Concello permitirá ampliar o espazo das terrazas, de maneira temporal, para compensar a perda de aforo que poden sufrir os locais hostaleiros. Ademais mantén a suspensión das taxas municipais das mesmas. Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso.

O edil ribadense indicou que “o Concello de Ribadeo, seguindo o criterio da Orde Ministerial que permite aumentar a ampliación das terrazas e en aras de apoiar a reactivación da actividade económica así como mitigar o impacto da crise sanitaria do Covid-19 nun dos sectores máis importantes para a  economía local  de Ribadeo, ven de aprobar un Decreto polo cal permitirá flexibilizar e aumentar o espazo de ocupación das terrazas, que poderán ocupar prazas de aparcamento sempre e cando se cumpran unhas determinadas condicións”.

Pablo Vizoso explicou que “así este decreto permitirá á hostalaría aumentar o espazo das súas terrazas, de forma temporal, para compensar a perda de aforo que poden sufrir estes locais. Tamén, co obxectivo de reducir o impacto da perda de ingresos debido á crise sanitaria do Covid-19 , o Concello manterá temporalmente a suspensión do cobro de taxas municipais de ocupación de terreos de uso público das terrazas”.

O concelleiro de Comercio e Turismo dixo que “para elo o Concello de Ribadeo suspende a ordenanza fiscal T6, que limita a instalación de terrazas na calzada e aproba un decreto que permitirá o mantemento ou modificación das terrazas autorizadas na actualidade e a solicitude de novas terrazas, sempre en cando cumpran os criterios e limitacións que en cada momento se establezan polas distintas administracións publicas en canto á porcentaxe de mesas autorizadas e ocupación e distancia física entre mesas  e o resto de criterios técnicos establecidos polo Concello”.

Vizoso Galdo sinalou que “ademais este Decreto permitirá ocupar espazos destinados a prazas aparcamento, pero sempre cumprindo certas condicións técnicas como son as que se recollían na ordenanza fiscal T6 así como outras singularidades como a necesidade de delimitar o espazo, non ocupar máis da fronte do local, a instalación de xardineiras de 90 centímetros de altura para dotar de máis seguridade a eses espazos, e sobre todo deberá permitir un paso libre de dous metros mínimo con respecto á beirarrúa existente”.

O edil nacionalista manifestou que “con estas medidas buscamos recuperar a actividade hostaleira, redobrando as medidas hixiénicas e de seguridade. No Concello entendemos que as terrazas son un elemento clave para a reactivación do sector hostaleiro, pero debemos de facelo sen perder de vista a seguridade da clientela e a seguridade dos usuarios da vía pública”.

Pablo Vizoso engadiu que “estas autorizacións especiais requirirán dunha solicitude previa por parte das persoas interesadas. A documentación necesaria para a súa tramitación así como anexos estarán dispoñibles na paxina web do concello en www.ribadeo.gal/sedeelectronica, e a súa tramitación deberá ser principalmente telemática a través da sede electrónica municipal, sobre todo para os titulares do tipo persoa xurídica. As autorizacións das diferentes solicitudes estarán supeditas ao informe favorable dos diferentes servizos técnicos municipais, que determinarán a viabilidade das ampliacións atendendo a criterios técnicos e de seguridade”.

O concelleiro de Comercio e Turismo rematou a súa intervención subliñando que “estas medidas son temporais e excepcionais e terán como duración como mínimo mentres se manteña a situación actual e non se acade a estabilización da situación económica xeral coa implantación da chamada nova normalidade”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1790030002594