O Concello de Ribadeo pon en marcha a campaña 'AxudémoNOS'
A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade, lanza a campaña #AxudémoNOS co obxectivo de apoiar todo tipo de negocios de Ribadeo que estean pechados temporalmente por mor do Covid-19, e así incentivar as compras neste sensible momento de corentena.
A edil Pablo Vizoso explicou que “co lema Compra agora e goza despois, este programa levárase a cabo a través dunha campaña que integrará unha plataforma de intermediación onde os establecementos poderán ofrecer os seus produtos ou servizos agora para que os seus clientes os consuman cando remate a corentena. Será a través de bonos prepago”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “poderán adherirse gratuitamente os negocios de Ribadeo que nestes momentos se atopen pechados por causa do Covid-19: hostalaría, restauración, comercio, profesionais todas/os. A única condición será ofrecer un bono ou varios que inclúan descontos”.
Vizoso Galdo subliñou que “o Concello de Ribadeo será un mero intermediario, sen ánimo de lucro, que achega unha ferramenta para que os establecementos ou negocios desta bisbarra poidan poñerse en contacto cos seus cliente durante este período de confinamento. Así, animar á cidadanía a contribuír a protexer os seus negocios locais”.
Os negocios que queiran adherirse deberán cubrir toda a información solicitada no formulario web https://bit.ly/axudemonos
O edil ribadense engadiu que “con esta plataforma o Concello achega unha nova ferramenta que serve para dar visibilidade aos negocios, creando unha comunidade local de establecementos, todos/as co mesmo fin manter vivo Ribadeo. Ademais, se os establecementos teñen algunha plataforma, escaparate, redes socias polas que vendan online, recomendámoslle que nolo indiquen para darlles promoción”.