O Concello de Trabada presentou un balance da xestión municipal deste ano
O Concello de Trabada presentou un balance da xestión municipal deste ano no que levan executados un amplo abano de proxectos por valos de 318.813,11 euros.
Durante o ano 2020 levaron a cabo diferentes actuacións como a rehabilitación da escola de Villapercide, a mellora da accesibilidade á residencia e construcción de unha acera pola marxe esquerda na Ría de Abres, a reconstrucción da ponte de San Martiño, a urbanización do museo, o acondicionamento e mellora do acceso a Vilapena, a urbanización do acceso á escola de Vilapercide, as obras do parque infantil na Ría de Abres que aínda están a rematar, e nas vindeiras semanas iniciarase a reconstrucción da ponte de Paxarín.
A alcadesa, Mayra García Bermúdez, informou que "estamos licitando a pavimentación dos camiños de acceso ao Bargo, Vilasuso, Carreirachá por importe de 55.962,50 euros. Licitaremos tamén a construcción da pista de pádel por importe de 36.306,47€ xa que ao precisar autorización de Patrimonio nos retrasou os prazos".
"A inicios do próximo ano levaremos a cabo as obras de reparación da cuberta na escola de Sante por importe de 15.559,01 euros e as obras de rehabilitación da vivenda de Vilapercide por importe de 39.998,96 euros, así como o aparcamento de autocaravanas na Ría de Abres por importe de 40.492,72 euros", engadiu Bermúdez.
Por outra banda, o goberno provincial da Deputación está licitando o último tramo da estrada provincial LU-P-5506, que conecta Trabada con Lugo, por un importe de preto de 200.000 euros como complemento ás obras efectuadas nesta estrada anteriormente e que así queda rematada. Ademáis disto, tamén coa colaboración da Deputación, se levarán a cabo as obras de reposición do parque infantil de Trabada situado ao lado do Concello, por importe de 14.520 euros.
"Esta é a nosa xestión, porque con independencia de dónde veñan os fondos, hai que xestionalos e ahí é donde está o traballo do goberno municipal", remata dicindo Bermúdez.