O Concello de Viveiro repartirá as máscaras ata o venres para os nenos e grupos de risco

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Apr 2020

O Concello de Viveiro habilitou dous números de teléfono para os veciños que precisaran máscaras infantiles ou que pertenceran a algún dos grupos de risco polo COVID-19, para entregarlles as máscaras realizadas polos voluntarios da iniciativa posta en marcha polo concello, pero tendo en conta a gran cantidade de chamadas recibidas informa de que, de momento, non é posible atender máis pedidos.

Coas peticións recibidas ao longo da semana pasada cubríronse as existencias do material disponible; ao longo dos vindeiros días, acabarase de entregar todo o material solicitado ata o pasado venres, xa que todas as peticións recibidas ata ese día van a ser atendidas.

Se houbera previsión de poder dispoñer novamente de material suficiente para poder realizar unha nova entrega de máscaras, volveríanse a habilitar os números de teléfono, abrindo un novo periodo para que todos os veciños e veciñas puideran realizar máis pedidos.

Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer, unha vez máis, a todas aquelas persoas que están a traballar nesta iniciativa solidaria para a confección e reparto de máscaras entre distintos colectivos.

0.1727659702301