O Concello de Viveiro repartirá máscaras infantís
O Concello de Viveiro, grazas á colaboración da Deputación de Lugo, repartirá mascarillas infantís a todos os nenos e nenas empadroados no municipio de 0 a 14 anos.
Entregarase unha mascarilla por cada neno e poderán recollerse a partir de mañá, xoves 4 de xuño, na casa do concello, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. Para poder recollelas, será necesario facilitar os datos do neno ou nena e amosar o DNI do pai ou nai.
Dende o goberno municipal considérase que esta iniciativa contribúe ao cumprimento da Orde SND 422/2020, que establece o uso obrigatorio de mascarillas para os nenos a partir de 6 anos en espazos públicos, tanto abertos como pechados, nos que non se poida manter a distancia de 2 metros, facilitando mascarillas non só aos nenos a partir desa idade, senón a todos os empadroados entre 0 e 14 anos (ambos incluídos).
Finalmente, dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicación á Deputación de Lugo pola entrega destas mascarillas, que comezarán a repartirse mañá.