O Concello de Viveiro súmase á campaña #OsMunicipiosCooperan

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A cooperación internacional é agora máis necesaria ca nunca, por iso o Fondo Galego de Cooperación lanza a campaña #OsMunicipiosCooperan, á que calquera persoa ou entidade pode sumarse nas redes sociais.
12 May 2020

A cooperación internacional é agora máis necesaria ca nunca, por iso o Fondo Galego de Cooperación lanza a campaña #OsMunicipiosCooperan, á que calquera persoa ou entidade pode sumarse nas redes sociais.

Administracións locais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como o Concello de Viveiro, e de países lusófonos como Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau ou São Tomé e Príncipe únense na campaña #OsMunicipiosCooperan, que busca reforzar a solidariedade internacional no contexto da crise xerada polo Covid-19.

Cómpre ter en conta que en moitos países da África lusófona, onde o Fondo Galego concentra os seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento, a pandemia actual engádese a epidemias anteriores e a unha situación de crise permanente, que os febles sistemas públicos de saúde e protección social non conseguen frear.

En moitos lugares, o confinamento non é viable ou ben pon en risco a seguridade alimentaria de millóns de persoas que viven ao día. Ademais, tanto nos países empobrecidos ou en guerra como nos campos de refuxiados, faise complicado extremar as medidas de hixiene e autoprotección.

Calquera persoa ou entidade pode sumarse á campaña #OsMunicipiosCooperan empregando este hashtag ao publicar as súas mensaxes de apoio nas redes sociais. Alén dos vídeos curtos que se irán lanzando nos próximos días, a iniciativa incorpora outras accións como a recollida de adhesións ao manifesto “Cooperación contra o coroavirus” promovido pola Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, organización formada por nove fondos do estado que representan a máis de 1.300 municipios.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos, entre eles o de Viveiro, e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.

Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materi


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15251684188843