O Concello de Xove convoca unha praza de albanel

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vén de convocar unha praza como persoal laboral fixo, por concurso, da praza de persoal laboral fixo persoal de albanelería.
30 Jan 2020

O Concello de Xove vén de convocar unha praza como persoal laboral fixo, por concurso, da praza de persoal laboral fixo persoal de albanelería.

Este posto é de persoal laboral grupo C2 e xa foi anunciada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 298, con data 30 de decembro de 2019 e no Boletín Oficial do Estado núm. 18 de data 21 de xaneiro de 2020. O prazo de solicitudes está aberto ata o 10 de febreiro.

As tarefas a realizar neste posto serán as de mantemento e conservación dos edificios e instalacións municipais como levantar tabiques, retellar ou alicatar.

Tarefas na vía pública comoa reparación ou reposición d ebaldosas, sinais de tráfico, valados. Os traslados e mantementos das ferramentas e materiais precisos para cada tarefa.

Como requisito específico necesitase ter o título de FP de Grao Medio de edificación e obra civil ou un equivalente, estar en posesión do carnet de conducir C, e o coñecemento da lingua galega, que se acreditará cunha proba tipo test.

0.15973305702209