O Concello do Valadouro amosarálle á xente nova o funcionamento dun programa de radio
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Sep 2019
A Oficina de Información Xuvenil do Concello do Valadouro vai organizar un Obradoiro de Radio para formar a rapaces e rapazas nas técnicas da elaboración de programas radiofónicos co coñecementos teóricos e exercicios prácticos.
Como complemento, farase un calendario de emisións paralelo, no que se sintan protagonistas do obradoiro. Preténdese conseguir ao remate do proxecto que os participantes estean capacitados para realizar un programa de radio. Tamén potenciar a participación xuvenil, promover o traballo en equipo, situar o galego como instrumento de difusión da cultura e converter o programa nun elemento dinamizador do Concello do Valadouro e a súa bisbarra.
Os destinatarios son mozas e mozos de 12 a 30 anos de Valadouro e a Mariña e a as prazas está llimitadas. As sesións do Obradoiro serán os luns, mércores e venres de 17.00 a 19.00 horas do 16 de setembro ata o 11 de outubro.
O lugar serán as instalacións da radio municipal. Este proxecto é completamente gratuito e está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia