O Concello do Valadouro executou mellora en varios camiños

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Valadouro cun investimento de 54.
cartel_buxiganga_2019_WEB
16 Out 2020

O Concello do Valadouro cun investimento de 54.594,05 financiado con fondos Feder da Unión Europea a través da  Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural, Agader, executou actuacións dentro do programa de mellora de camiños de titularidade municipal para o ano 2020/2021.

Estas foron no camiño A Balsa, Loureiro e Muxueira cunha lonxitude de 1.602 m., e no camiño Iglesia de Recaré á Estivada nun tramo de 714,5 m.

Os traballos realizados comprenden a limpeza e perfilado de cunetas con motoniveladora, a limpeza de canos obstruidos, a eliminación da vexetación existente na calzada mediante refino con motoniveladora e posterior carga e transporte de residuos.ç

Tamén se fixo o barrido de firme por medios mecánicos con cepillo de aramio, incluso repaso manual, a eliminación de fochas existentes no pavimento de distinfas formas e tamaños e a dobre rega asfáltica, sobre firme existente mediante unha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 19 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,5 Kg. De ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

0.16215586662292