O Concello do Vicedo convoca unha nova edición do concurso de Fotografía

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Vicedo vén de convocar unha nova edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo no que haberá 700 euros en premios.
38025300_2052678758282820_5329027852727746560_o
24 Xul 2020

O Concello do Vicedo vén de convocar unha nova edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo no que haberá 700 euros en premios.

O tema escollido fará referencia a O Vicedo e a súa calidade como destino turístico. Contendo aspectos relacionados con isto: riqueza paisaxística, natural, cultural e/ou artística do Concello.

Nas imaxes deberá apreciarse claramente que se trata de paisaxes, lugares, celebracións ou manifestacións culturais relacionadas con O Vicedo.

O tamaño mínimo das fotografías (non sendo o recheo en branco unha opción para cumprir estas) será de 30 x 45 cm e o máximo de 40 x 60 cm. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías.

Todos os participantes deberán enviar ademais, os arquivos en formato jpg das fotografías participantes, cun tamaño mínimo de 2MB e resolución de 300ppp á seguinte dirección de correo electrónico concursofotografiaovicedo@gmail.com.

Ao dorso de cada fotografía farase constar o pseudónimo elixido polo participante, o título da obra e o nº de fotografía.

Pódese participar ata o 11 de agosoto e o fallo do xurado será feito público o día 12.

Establécense tres premios, un primeiro de 375 euros, un segundo de 225 e un terceiro de 50 euros. A entrega de premios realizarase en acto público o xoves día 13 de Agosto de 2020 ás 21:00hs na Casa da Cultura do Vicedo.

0.11875081062317