O Concello está a estudar a creación do programa Portomarín Concilia

LugoXa
O Concello de Portomarín estuda ofertar neste novo curso escolar 2021-2022 un servizo de madrugadores para os nenos
madrugadores reloxo conciliacion
23 sep 2021

O Concello de Portomarín estuda ofertar neste novo curso escolar 2021-2022 un servizo de madrugadores para os nenos e nenas escolarizados no Ceip Virxe da Luz. É unha proposta pensada para axudar na conciliación familiar para aqueles pais e nais que queiran deixar aos seus fillos e fillas, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo é en horario de 7.30 ata o inicio das clases. Os participantes poderán acudir de forma diaria ou ocasional e deberá de existir un número mínimo de 10 rapaces para que se poida levar a cabo. É de balde e está dirixido ó alumnado de Infantil e Primaria.

De iniciarse o servizo éste contemplase para principios do mes de outubro de 2021, así, publicarán o prazo de inscripción xunto ós requisitos dos participantes no caso de reunir o grupo mínimo de persoas.

madrugadores
0.17038607597351