O Concello pregunta a Cruz Vermella que uso ten o local de Martín Ledesma

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro remitiu á Cruz Vermella de Lugo unha carta para pedir explicacións polo uso que ten a día de hoxe o local ubicado na avenida Martín Ledesma.
A Barosa 696x522
23 Xan 2020

O Concello de Viveiro remitiu á Cruz Vermella de Lugo unha carta para pedir explicacións polo uso que ten a día de hoxe o local ubicado na avenida Martín Ledesma.

En febreiro de 2013, o Concello recibiu un escrito da Cruz Vermella de Lugo solicitando a denuncia do convenio que tiñan suscrito coa corporación municipal e coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro para a realización de obradoiros de estimulación cognitiva na súa sede.

“No escrito, explicábase que esa denuncia estaba motivada, entre outras cuestións, na necesidade de destinar o local a realizar accións dirixidas a paliar os efectos da crise económica entre a poboación máis vulnerable e que non se podían levar a cabo debido á ocupación do local, unha postura coa que estabamos dacordo”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.

As accións eran as seguintes: actividades de reforzo escolar e traballo social coas familias; búsqueda de emprego para as persoas máis afectadas pola crise; talleres de búsqueda de emprego e prelaborais; aula de castelán, alfabetización e preparación da ESO; entrega de kits sociais (alimentación familiar, alimentación para bebés e hixiene) e servizos de proximidade para persoas maiores.

A raíz da renuncia ao convenio referido polas razóns expostas, o Concello reubicou os obradoiros de estimulación cognitiva para enfermos de alzheimer noutras instalacións municipais, mantendo a colaboración coa asociación.

Na actualidade, o local da Cruz Vermella está sendo utilizado para o desenvolvemento da actividade dunha autoescola, polo que o Concello entende "que non se lle está dando o uso referido no escrito anterior nin ningún outro vinculado o seu uso propio".

"Tendo en conta todo canto antecede e que para a construción do inmoble se realizaron donativos dos veciños e veciñas de Viveiro, é polo que o Concello solicita á Cruz Vermella Lugo as explicacións oportunas sobre o uso actual do inmoble e, tendo en conta que non se está a utilizar para o seu fin propio, a realización dos trámites necesarios para a súa cesión ao Concello", din.

0.13218307495117