O Concello reparte 400 abetos a comercios para incentivar a compra de barrio

LugoXa
Dende o Concello de Lugo iniciaron o reparto de 400 abetos de Nadal nos comercios locais adscritos ao movemento Localmente Lucense - activado para dinamizar a economía de proximidade- en todos os barrios para incentivar a compra local.
22 dic 2022

Esta campaña, enmarcada na campaña Nadalmente Lucense, repetiuse un ano máis despois de que a solicitasen os propios comerciantes tras o éxito de edicións anteriores. "Todo vai enfocado a fomentar o negocio de proximidade, facendo os establecementos máis agradables en época de Nadal cunha decoración natural e típicas destas datas, seguindo o modelo de cidade verde e sostible no que estamos a traballar” .

Sinalar que, a través desta mesma concellería, se procederá á recollida de abetos naqueles comercios que non desexen quedarse con eles unha vez pasadas as festas de Nadal, co fin de replantalos nos espazos verdes da cidade.