O Concello reúnese cos veciños do Carqueixo

LugoXa
No marco das xuntanzas periódicas que desenvolve a Alcaldesa de Lugo esta semana mantivo unha reunión cos veciños do Carqueixo
Reunión veciños carqueixo
Reunión veciños carqueixo
30 ene 2023

Unha reunión mantida coa veciñanza do Carqueixo, no marco das xuntanzas periódicas que desenvolve a alcaldesa de Lugo coa cidadanía, serviu para abordar os compromisos xa executados e estudar as súas novas demandas.

Acompañada dos tenentes de alcaldesa, Miguel Fernández e Ana González Abelleira, valorou cos residentes da zona as obras realizadas como a recente ampliación dos puntos de luz en As Chousas Vellas para garantir unha maior visibilidade e seguridade, e avanzoulles que se ampliará a rede de abastecemento na zona e que estudiarase o proxecto de saneamento.

A este respecto, o goberno local lembroulle á veciñanza que seguirá a esixirlle á Xunta que destine os máis de 11 millóns de euros do canon da auga que o Concello leva transferido ao Goberno galego nos últimos anos para que atenda ao saneamento do municipio ao ser unha taxa finalista con este obxectivo, “xa que aínda non reverteu en Lugo nin un só euro”.

Así mesmo, a rexedora avanzoulles próximas melloras no servizo de recollida de lixo como o cambio de ampliación de colectores e a entrega de composteros, entre outras.

Abordouse tamén as obras desenvolvidas en Castelo e a situación causada polo desprendemento de terra ocorrido días atrás, onde o Concello está a estudar a realización dun estudo xeotécnico para valorar a estabilidade do noiro e os riscos que entraña o seu estado actual.