O conxunto vocal Lugh celebra o seu 25º aniversario cun concerto

LugoXa
A agrupación interpretará 18 pezas do seu repertorio, que é amplo e diverso e concede especial protagonismo á música popular galega
Conxunto-Vocal-Lugh
Conxunto-Vocal-Lugh
8 jun 2024

O conxunto vocal Lugh ofrecerá un concerto polo seu 25º aniversario este domingo, 9 de xuño, no edificio administrativo da Xunta na capital lucense. Será no salón de actos a partir das 19.00 horas.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e representantes do coro presentaron a actuación, que estará dedicada á cidade de Lugo. A agrupación interpretará 18 pezas do seu repertorio, que é amplo e diverso e concede especial protagonismo á música popular galega.

Arias felicitou á coral polo cuarto de século de traxectoria no que teñen ofrecido máis de 200 concertos na provincia de Lugo e no resto de Galicia, así como en diferentes localidades de España e Portugal.