O Corgo acolle a exposición 'A Bretaña que hai en Nós' sobre Castelao
O Corgo acolle a exposición temporal A Bretaña que hai en Nós que estará dende mañá sábado 4 de febreiro na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.
A mostra é unha homenaxe póstuma a Daniel Alfonso Castelao e á súa viaxe de estudo encol das cruces de pedra na Bretaña. A análise dos cruceiros e dos calvarios dese cabo do mundo atlántico permitiríalle anos mais tarde comprender e contextualizar mellor o seu monumental estudo sobre as cruces de pedra na Galiza, publicado en 1950 polo Seminario de Estudos Galegos e a Editorial Nós no exilio bonaerense.
A mostra, composta por vinte e seis paneis, un audiovisual e o seu correspondente catálogo, estará aberta ao público durante os meses de febreiro e marzo e a inauguración terá lugar ás 19.30 e será o comezo dunha xornada de actividades que continuará ás 19.45 coa mostra bibliográfica Castelao e as cruces de pedra.
Ás 20.00 o historiador e museólogo Felipe-Senén López Gómez lebará a cabo a conferencia As cruces e os cruceiros en Galicia e nos confíns célticos de Europa para finalizar a xornada.