O Corgo celebra o III Campionato de Tute
LugoXa
O Centro Sociocultural do Corgo acolle o terceiro Campionato de Tute o vindeiro 11 de marzo a partir das 16.00
![baralla cartas espanola tute torneo campionato](https://lugoxa.com/wp-content/uploads/2022/05/baralla-cartas-espanola-tute-torneo-campionato.jpg)
baralla cartas espanola tute torneo campionato
5 Mar 2023
O Centro Sociocultural do Corgo acolle o III Campionato de Tute o vindeiro 11 de marzo de 2023 a partir das 16.00.
As persoas interesadas en participar poderán realizar a inscrición nos teléfonos 670 833 909 ou 648 063 894 ata un un máximo de 64 parellas.
A inscrición será 50 puntos por parella con cea incluída e deberá realizarse antes do 9 de marzo.
Haberá un total de tres premios para as mellores parellas. A parella gañadora levará 1000 puntos e dous xamóns, a segunda 500 puntos e a terceiro 250. Estes premios poden variar en función de parellas inscritas.
Tamén haberá unha repesca onde o primeiro premio serán dous xamóns, o segundo dúas paletillas e o terceiro dous queixos.
![Tute Corgo](https://lugoxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/02/Tute-Corgo-200x269.jpg)