O Corgo celebrará a noite de San Xoán cunha sardiñada gratuíta e a actuación de Verónica Cambón

LugoXa
A celebración de San Xoán é unha das máis máxicas do ano, e desde Cinco Ríos animan a todos os veciños e visitantes a participar
San-Xoán-no-Corgo
10 May 2025

A Asociación Cinco Ríos do Corgo organiza unha gran festa para celebrar San Xoán o vindeiro 23 de xuño, a partir das 21:00 horas, xunto á cámara agraria do municipio.

A cita incluirá unha sardiñada gratuíta, fogueira tradicional e a actuación musical de Verónica Cambón, nun evento pensado para reunir á veciñanza nun ambiente festivo e cheo de tradición.

O evento conta coa colaboración do Concello do Corgo, así como do establecemento O Pote de Picoña, prometendo unha noite chea de sabor, música e lume para dar a benvida ao verán como marca a tradición galega.

A celebración de San Xoán é unha das máis máxicas do ano, e desde Cinco Ríos animan a todos os veciños e visitantes a participar desta noite especial.

⚙ Configurar cookies
0.17930793762207