O Corgo continúa co concurso e coa subasta nacional da raza Rubia Galega

LugoXa
O vindeiro sábado 12 de xuño chega ao recinto feiral de Adai, no Corgo, o XXXIV concurso-XCV subasta nacional da raza rubia galega.
vaca rubia galega
10 Xuño 2021

O vindeiro sábado 12 de xuño chega ao recinto feiral de Adai, no Corgo, o XXXIV concurso-XCV subasta nacional da raza rubia galega. O evento, organizado por Acruga, conta con 200 cabezas inscritas e cun programa de tres días que comeza no día de hoxe, xoves 10 de xuño.

O xoves, a cita deu comezo coa entrada dos animais da subasta. O horario será de 8:30 a 14:30 horas. A continuación, o venres día 11, de 8:30 a 14:30 horas será a entrada dos animais de concurso e de exposición. Ás 12:00 haberá unha supervisión e valoración dos animais da subasta polos inspectores de raza (director técnico do certame e equipo técnico de ACRUGA). Xa pola tarde, ás 16:00 será o turno da supervisión e valoración dos animais de concurso polo xurado de calificación, titulados na Escola de Xuíces da Raza Rubia Galega.

Finalmente, o sábado día 12, o evento iniciará ás 10:00 horas coa apertura para a solicitude de tarxetas de subasta. Así mesmo, a esa mesma hora haberá unha exposición no redil e colocación de escarapelas aos animais premiados. Ás 10:30 será a exposición dos trofeos. Pasada unha hora, ás 11:30, entregaranse os diplomas do curso de inseminación artificial, acto que será seguido pola entrega de premios con autoridades asistentes. Así mesmo, a cita rematará coa subasta de machos e femias que comezará ás 12:30 horas.

cartel raza rubia
0.20791506767273