O Corgo da comezo as súas festas
LugoXa
O Concello do Corgo da comezo hoxe as súas festas na honra a Virxe das Angustias que durarán ata o domingo 18
16 sep 2022
O Concello do Corgo da comezo hoxe as súas festas na honra a Virxe das Angustias. As celebracións darán comezo ás 23.30 coa actuación do grupo Punto Clave e a Cocomusic disco móbil con Dj David Expósito.
O sábado 17 ás 13.00 haberá unha misa para continuar con unha sesión vermú a cargo do trío Banarama. A verbena da noite dará comezo ás 23.30 e estará amenizada pola orquestra Marbella e o trío Banarama.
Para finalizar as festas o domingo haberá unha misa ás 13.00 con unha procesión acompañada da Asociación Cultural Legua Dereita. A sesión vermú contará con unha actuación musical e haberá sesión de tarde a partir das 18.30.