O Corgo organiza unha nova edición da súa carreira popular

LugoXa
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, e consta dun circuíto de 10.5 quilómetros
carreira_popular_correr
28 sep 2024

O Concello do Corgo programa a XV Carreira Popular Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova para o sábado 26 de outubro. A iniciativa terá saída e meta nas instalacións da praia fluvial do río Chamoso da vila. A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, e consta dun circuíto de 10.5 quilómetros sobre terra na súa maioría.

A inscrición farase a través da páxina de Championchipnorte e os dereitos de inscrición no caso dos menores serán de balde, mentres que na carreira de adultos terá un custe de 5 euros ata o 12 de outubro; e dende o 13 ata o 22 de outubro o custe será de 10 euros. Os dorsais retiraranse o venres 25 pola tarde na tenda Atmosphera Sport A Chaira, na rúa Salvador de Madariaga, e o día da proba pola tarde na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45 minutos antes da saída da proba.

0.10396790504456