O Culturban terá unha nova edición este 2023

LugoXa
O Culturban, a mostra de arte na rua posta en marcha pola área de Cultura e Espaczo LUPA Arte contará cunha nova edición este ano 2023
Culturban 2023
Culturban 2023
9 Feb 2023

Volve a cuarta edición do Culturban, a mostra de arte na rúa posta en marcha pola área de Cultura que foi presentada por o tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas  Urbanas e Iago Eireos, coordinador do Espazo LUPA Arte. Arroxo fixo balance do traballo feito nas últimas tres edicións, “cunha decena de murais realizados nas medianeiras de toda a cidade, 21 cadros de luz decorados por artistas locais e tres combates murais que achegaron aos mellores artistas da nosa contorna”, explicou Rubén Arroxo.

Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar e descubrir a contorna de Lugo con actividades artísticas, accións e experiencias urbanas diferentes que transforman a cidade, convertendo Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable. A programación da cuarta edición bota a andar con novas propostas e actividades xa consolidadas que encherán as rúas de cultura en diversos formatos.

O muralismo, plato forte do Culturban, volve nesta cuarta edición cun total de catro medianeiras nas que intervir con murais de gran formato. Este ano contarase con dúas fachadas de 170 e 190 metros cadrados, xunto con outras dúas de 100, nas que catro artistas de recoñecida experiencia poderán realizar as súas obras.

O Culturban 2023 contará cunha nova edición de Portas Abertas, onde ao longo de 4 xornadas, as e os artistas e creadores de Lugo abrirán as portas dos seus obradoiros e espazos de creación para que a veciñanza poida coñecer o seu proceso creativo. Volverá un ano máis o Combate Mural, onde se seleccionará a 10 artistas para que durante unha xornada compitan pola realización do mellor mural. Como novidade, a programación deste ano incluirá intervencións artísticas no mobiliario urbano, accións repartidas pola cidade que buscan o factor sorpresa para realzar e ilustrar os espazos urbanos.

0.2044849395752