O deputado nacionalista Daniel García defenderá en Fitur o turismo sostible para o desenvolvemento do rural

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Ademais, acompañará as asociacións gandeiras Boaga e Avimós nas accións que están a desenvolver na feira para dar a coñecer os produtos de razas autóctonas
daniel-garcia-y-avimos
21 Jan 2026

O deputado Daniel García desprazarase este xoves a FITUR, onde participará en reunións e actividades relacionadas co turismo sostible e a promoción de produtos agrogandeiros.

O responsable provincial aproveitará o salón turístico para afondar nas oportunidades que plataformas e axencias especializadas en ecoturismo ofrecen para proxectos de emprendemento no rural e pequenas producións interesadas en desenvolver propostas neste ámbito.

Ademais, acompañará as asociacións gandeiras Boaga e Avimós nas accións que están a desenvolver na feira para dar a coñecer os produtos de razas autóctonas como parte da oferta gastronómica da provincia e de Galiza, no marco das actividades da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería e o Turismo de Lugo (APEHL Lugo).

O deputado asistirá tamén á presentación da campaña da Mancomunidade da Mariña “A Mariña, unha viaxe á identidade”, centrada na promoción da comarca como destino de turismo de benestar e consciente e baseada na tradición das Carolas, mulleres do interior da provincia que a comezos do século pasado chegaban á Mariña para tomar baños de mar.

⚙ Configurar cookies
0.080660104751587