O deputado Néstor Rego reunese no Congreso co comité de empresa de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
18 Dec 2019

O representante do BNG, Néstor Rego, recibiu ao comité de ALCOA no Congreso dos Deputados onde lles trasladou o firme compromiso e apoio con buscar unha solución como se leva demostrando todo este tempo.

O deputado trasladoulle a situación na que se atopan as negociacións co Partido Socialista refente o Estatuto das Electrointensivas, pois é unha das cuestións clave que forma parte da Axenda Galega do BNG ante o Goberno do Estado.

Para o Bloque Nacionalista Galego é urxente poñer en marcha a mesa de ALCOA comprometida pola ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera, na súa visita á factoría de San Cibrao. Néstor Rego califica de “emerxencia nacional” o peso desta industria no noso país que debe atopar unha solución de inmediato.

0.092403888702393