O derbi entre o Obradoiro e o Breogán poderá verse nunha pantalla xigante en Santa María

LugoXa
Lugo Monumental confirma a retransmisión do partido deste domingo, 1 de novembro, tras recibir a autorización do Concello para organizar a actividade na praza
afeccion-partido-España-Mundial-Praza-Santa-María-Lugo
28 Oct 2026

A praza de Santa María de Lugo acollerá este domingo, 1 de novembro, a retransmisión en pantalla xigante do partido entre o Obradoiro e o CB Breogán. A Asociación Lugo Monumental confirmou a celebración desta iniciativa tras recibir a autorización do Concello de Lugo para desenvolver a actividade.

A proposta busca ofrecer unha alternativa aos afeccionados que non poidan asistir ao encontro no pavillón, xa que, segundo sinala a asociación, só se recibiron 90 entradas. Deste xeito, os seguidores do equipo lucense poderán reunirse na praza para vivir xuntos o derbi e apoiar o Breogán.

Desde Lugo Monumental agardan que a retransmisión se converta nun punto de encontro para a afección e que a xornada remate cunha vitoria do club lucense.

0.15033221244812