O Día do Veciño 2026 celebrarase o 18 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A XXIV edición reunirá a veciños de toda a provincia con música, baile, artesanía e actividades deportivas
Día-do-Veciño-2025
17 Mar 2026

A Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo Lucus Augusti anunciou que a XXIV edición do Día do Veciño terá lugar o 18 de outubro de 2026 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O encontro veciñal reunirá a persoas procedentes de toda a provincia cunha xornada que incluirá actuacións musicais, exhibicións de baile, actos folclóricos, feira de artesanía e actividades deportivas.

Desde a Federación sosteñen que a intención é manter e incluso superar a cifra de asistencia de anos anteriores, que xa superaba as 5.000 persoas, consolidándose como un dos eventos sociais máis multitudinarios da provincia.

Ademais, está aberto o período de presentación de candidaturas para a distinción “V de Veciño Exemplar 2026”. As propostas deberán estar avaladas por algunha asociación veciñal federada, tal e como establecen as bases de participación.

O Día do Veciño 2026 aspira, unha vez máis, a ser un espazo de convivencia, celebración e recoñecemento do movemento veciñal lucense.

0.12192511558533