O director deportivo do Club Deportivo Lugo, Roberto Sáez, presenta a súa dimisión

O director deportivo do Club Deportivo Lugo, Roberto Sáez, decide separarse da entidade albivermella despois de que onte fora cesado o actual adestrador, Toni Seligrat.
O Club Deportivo Lugo anunciou que Sáez presentou a súa dimisión como director deportivo da entidade albivermella, decisión que foi aceptada polo Consello de Administración.
A súa saída prodúcese tras a reunión mantida na tarde de onte entre o presidente Tino Saqués e o propio Roberto Sáez, na que o director deportivo manifestou o seu total desacordo coa posible destitución do adestrador Toni Seligrat. Sáez afirmou que, de confirmarse a mesma por parte do club, presentaría a súa dimisión.
Roberto Sáez (Miranda de Ebro, 10 de marzo de 1976) chegou ao CD Lugo en xuño de 2024 cunha longa traxectoria no fútbol profesional. Antes de incorporarse ao club lucense, exerceu como director deportivo no Sestao River, onde logrou a permanencia do equipo na Primeira Federación Deia.
A entidade albivermella agradece a Roberto Sáez o seu traballo e dedicación durante o tempo en que estivo vinculado ao club e deséxalle éxito nos seus futuros proxectos profesionais.