O dispositivo da Deputación despexa de neve 70 estradas de 12 concellos da Montaña e a zona sur de Lugo

LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
El dispositivo de la Diputación despejó las nevadas de 70 carreteras de la provincia de Lugo durante esta noche.
Actuación en Cervantes do dispositivo da Deputación
Actuación en Cervantes do dispositivo da Deputación
9 Dec 2021

A Deputación de Lugo despregou 44 operarios e 29 máquinas e vehículos para paliar os efectos das nevaradas da borrasca Barra que afectan á rede viaria provincial, un dispositivo que traballa nunhas 70 estradas que discorren por 12 municipios da Montaña e da zona sur. Os equipos facilitaron a circulación e garantiron a seguridade despexando as estradas de neve e xeo, e atendendo as incidencias producidas, un traballo que comezou na madrugada deste xoves e continuou durante a mañá.

Os concellos afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que obrigan a todos os vehículos a usar cadeas en zonas de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada. Así mesmo, en Navia está pechada a estrada LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouto.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 44 operarios, 15 máquinas quitaneves con saleiro, 6 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas, e que está formado por 112 operarios e 50 máquinas.

As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve na xornada deste mércores son as seguintes:

Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas al Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra.

Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior a Escola Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane do Courel a Pedrafit; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería de Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Courel de Rampa a Santa Mariña.

Cervantes: LU-P-1401, da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411, de Vilanova al Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-3505; LU-P-4505.

A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-4606; LU-P-4811.

Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; pechada a LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505; de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-3503; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.

Negueira de Muñiz: LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira, á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullán.

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita al Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.

Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara y Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002; LU-P-5005.

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar, a Praducelo; LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa Sta. Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla, a Ponte Louzara.

Ribas de Sil: LU-P-5303, San Clodio-Torbeo-Ao límite Provincial; LU-P-5301, San Clodio-Alto da Cruz.

0.20041704177856