O dispositivo especial de limpeza traballa arreo en Lugo polo Arde Lvcvs

LugoXa
A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo habilita un dispositivo especial de limpeza durante o Arde Lucus
Limpeza O Castiñeiro Lugo
10 Jun 2022

O Concello de Lugo anunciou esta mañá que vén de habilitar un dispositivo especial de limpeza viaria e recollida de lixo durante o Arde Lucus.

O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, destacou que os técnicos municipais, en colaboración coa adxudicataria, planificaron os traballos tendo en conta a programación festiva, incidindo naqueles espazos e momentos do día nos que, pola realización de espectáculos ou pola organización de actividades, se agarda unha elevada presenza de público ou xeración de refugallos.

“Xa nestes días previos procedemos a rozar e retirar a maleza do Centro Histórico e a contorna da Ponte, a Volta da Viña, a Rolda da Muralla e tamén no barrio do Castiñeiro onde se celebran as festas de San Antonio. Alén de repintar as papeleiras de fundición do recinto amurallado, eliminar pintadas e realizar un fregado de alta presión nas zonas nas que se sitúan os campamentos que dispoñen de colectores, xunto ao resto de localizacións nas que se realizarán eventos, como poden ser a Praza de Santa María onde hai programados dous concertos. Igualmente, os colectores de quita e pon permanecerán operativos nas súas ubicacións habituais as 24 horas do día”, explicou Miguel Fernández.

O responsable de Medio Ambiente indicou, así mesmo, que o aseo viario se realizará con todos os medios mecánicos dispoñibles (cisternas, hidrolimpadoras, furgonetas, varredoras, etc) e co obxectivo de realizar un labor máis exhaustivo en momentos de maior afluencia se utilizarán tamén sopladoras.

“A xornada comezará as 6 da mañá para poder atender a todo o centro, incluído o Parque de Rosalía, onde se atopa a Castra, así como os seus arredores, en previsión de que o seu peche, durante a noite, por este motivo, desprace a lugares próximos as reunións nocturnas da mocidade”, afirmou.

O tentente de alcaldesa avanzou que tamén se prestará unha especial atención á limpeza do Mercado Municipal e da explanada do Seminario debido a que nestes dous lugares terán lugar os xantares das asociacións participantes na festa e xa o sábado, a partir das 20:30 horas, “un operativo composto por peóns de varrido e unha hidrolimpadora, seguirá ao desfile das tropas para que á súa conclusión todo quede perfecto. Esforzos que se desenvolverán do mesmo xeito na explanada do pavillón municipal e nas costas do Parque, antes de cada actuación do circo romano”.

En canto á recollida, este servizo se verá incrementado tanto pola noite como polas mañás co ánimo de retirar todos os residuos xerados nas zonas de bares e pubs e baleirar os colectores dos campamentos.

“A nosa intención é anticiparnos ás necesidades de limpeza nas que, sabemos, van derivar os festexos, coordinando esforzos e organizando todos os recursos, materiais e humanos, que temos á nosa disposición para actuar con inmediatez naquelas partes da capital nas que se presupón haberá concentracións de xente e acumulación de lixo co obxecto de deixalas impecables o máis rapidamente posible”, subliñou Miguel Fernández.

Por outra banda, a área de Medio Ambiente instalará un total de 35 wc’s portátiles accesibles en distintos puntos da capital.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19511103630066