O Entroido en Monterroso contará con bailes, actuacións, actividades infantís, feiras e concursos

LugoXa
Monterroso contará con un ciclo de actividades con bailes, concursos y ferias para celebrar el Carnaval. Desde el 26 hasta el 1 de marzo.
entroido monterroso
21 Feb 2022

Monterroso organiza un entroido cheo de actividades tanto para os maiores coma os máis pequenos. A programación destas festividade estenderase dende o sábado día 26 de febreiro ata o martes 1 de marzo.

Desta forma, o sábado 26 ás 17.30 dará comezo o entroido cun baile infantil na cúpula. Aquí, os máis pequenos poderá realizar obradoiros, bailes, xogos e algunha que outra sorpresa para manter a maxia da data. Esta xornada estará amenizada pola Charanga a Trapallada que desfilará polas rúas da vila.

O domingo 27 de febreiro ás 19.00 horas terá lugar o Festival Falcavisión na Cúpula. Esta actividade está organizada por Falcatrueiros. Trátase dun espectáculo único, diferente, divertido e cheo de música. Cos mellores éxitos da historia do televisivo Festival de Eurovisión.

O luns día 28 haberá un obradoiro de disfraces. A inscrición para participar nesta actividade terá que realizarse no Espazo Lorenzo Varela antes do día 25.

O día 1 de marzo pecharase o ciclo de actividades do entroido coa Feira do Entroido. Ás 17.30 horas terá lugar o concurso “Entroido na rúa” na cúpula. Para participar haberá que realizar a inscrición no Espazo Lorenzo Varela ou na web do Concello www.monterroso.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1991708278656