O equipo sénior feminino do Club Xabaríns Volei Lugo ascende a Primeira Galicia
O equipo sénior feminino do Club Xabaríns Volei Lugo vén de conseguir o ascenso a Primeira Galicia, a categoría de ouro do volei galego.
Desta maneira, as do equipo lucense enfrontáronse contra o equipo Xiria Volei de Carballo na Casa do Deporte de Lugo, rematando cun resultado de 3-0 e certficando así o seu ascenso a 1ª división autonómica "tras vencer con solvencia na casa", destacan.
Era este o encontro de volta da fase final e as de Carballo viñan coa vontade de remontar o 1-3 da ida, "mais non foron quen de plantexar moito perigo ao equipo local. Coa axuda dunha afición máis enfervorizada que nunca, Xabaríns foi capaz de pechar o partido sen moita dificultade. Así, a categoría senior feminina comeza a temporada da maneira máis doce e volve estar no máis alto do volei galego", explican desde o Club Xabaríns.