O espectáculo de clown ‘Merecidamente’ chegará á Praza da Igrexa o 5 de agosto

A programación cultural do verán ofrecerá o vindeiro mércores 5 de agosto unha nova actividade pensada para o público familiar coa representación do espectáculo Merecidamente, da compañía Moc Moc MeRe Clown.
A actuación terá lugar ás 20.30 horas na Praza da Igrexa e enmárcase dentro do programa Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para fomentar a lectura e achegar a cultura a todos os públicos.
Merecidamente é unha proposta protagonizada por un clown que, a través do humor, os xogos escénicos e a improvisación, busca conectar cos espectadores nun espectáculo participativo e cheo de situacións sorprendentes. A compañía Moc Moc conta cunha ampla experiencia no ámbito da animación cultural e do teatro familiar, cun estilo baseado na comedia visual e na interacción directa co público.
A actividade está dirixida a espectadores de todas as idades e forma parte da programación cultural impulsada para os meses de verán, coa que se pretende dinamizar os espazos públicos e ofrecer alternativas